DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 918/2008, interposto por Marta María Rodríguez Rodríguez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 918/2008, interposto por Marta María Rodríguez Rodríguez, contra a Resolución do 27 de maio de 2008 da Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza, pola que se inadmite o recurso de alzada contra a Resolución do 7 de marzo de 2008 (DOG nº 53, do 14 de marzo), do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, (grupo A), escala de veterinarios, pola que se modifica a puntuación definitiva da fase de concurso, en execución de sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida Sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2009.

María del Mar Rodríguez Fernández

Directora xeral da Función Pública