DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle con carácter de urxencia á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que corresponda, no prazo de dous meses, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.

O correspondente expediente figura no Servizo de Persoas Maiores, Persoas con Discapacidade e Menores, da Delegación Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar en Vigo.

-Número de expediente: 2008/345-5.

-Persoa interesada: Lidiane Ferreira dos Santos.

-Enderezo: descoñecido.

-Asunto: notificación de resolución administrativa con data do 19 de decembro de 2008.

Vigo, 14 de xaneiro de 2009.

Francisco Xabier Verea Argibay

Delegada provincial de Pontevedra