DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CÉDULA do 18 de decembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación dunha resolución de expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle con carácter de urxencia á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto na Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente está no Servizo de Persoas Maiores, Persoas con Discapacidade e Menores, da Delegación Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar en Vigo.

-Nº expediente: 2007/93

-Interesados: Manuel Salazar Borja e Aroa Borja Jiménez.

-Enderezo: descoñecido.

-Asunto: notificación de unha resolución administrativa do 29 de outubro de 2008.

Vigo, 18 de decembro de 2008.

Francisco Xabier Verea Argibay

Delegado provincial de Pontevedra