DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.360

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (164/2008).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número un de Lugo, fago saber que no procedemento de execución 164/2008 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Lorena López García contra a empresa Valdomar Ocio, S.L., sobre Valdomar Ocio, S.L., ditouse auto cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«A empresa Valdomar Ocio, S.L. non procedeu á readmisión da traballadora Lorena López García como así se acordara en sentenza do 14-10-2008, daquela é procedente substituír a obriga de readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Valdomar Ocio, S.L., e por este concepto, a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.763,74 euros. Igualmente debo condenar e condeno á referida empresa a que lle aboe á traballadora Lorena López García, polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data desta resolución incluída, a cantidade de 7.581,72 euros. Declárase extinguida a relación laboral que unía a traballadora Lorena López García e a empresa Valdomar Ocio, S.L. desde a data desta resolución. Notifíqueselles esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Valdomar Ocio, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Lugo, 15 de decembro de 2008.

Rafael González Alió

Secretario xudicial