DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.360

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (519/2008).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 519/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio de Carvalho Gomes, contra as empresas Realizaciones Relisa, S.L. e Auxiliar de Ingeniería, S.A., sobre ordinario, ditouse auto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimo a demanda presentada por José Antonio de Carvalho Gomes contra as empresas demandadas e condeno a entidade Realizaciones Relisa, S.L., a aboar ao demandante a cantidade de 1.439,28 € e coa condena solidaria ao dito aboamento da empresa Auxiliar de Ingeniería, S.A. (Adisa) limitada á cantidade de 763,78 €, e iso co incremento dos xuros procesuais do artigo 576 da LAC.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que, en atención á súa contía, non cabe recurso contra ela, polo que, unha vez notificada, quedará firme en dereito e procederase ao seu arquivo».

E, para que lle sirva de notificación en legal forma a Realizaciones Relisa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de decembro de 2008.

María Blanco Aquino

Secretaria xudicial