DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.358

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE SARRIA

EDICTO (1-515/2002).

No procedemento de referencia ditouse auto cuxos antecedentes de feito e parte diapositiva literalmente din:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un de Sarria.

Auto: 00511/2008.

Procedemento: xuízo ordinario 1-515/02.

Auto número 511/08.

Sarria, 1 de decembro de 2008.

Antecedentes de feito:

Único.-Este procedemento foi promovido por Dolores e María López López (representadas pola procuradora sra. García García), fronte a Genoveva López López (representada pola procuradora sra. López Vila), Manuel López López, Concepción López López, Soledad López López, Milagros López López, Concepción Losada Rodríguez, Concepción Bergantiños Losada e José Javier González de la Vega (representados pola procuradora sra. López Díaz), José Ramón López González, Manuel López González e persoas descoñecidas e incertas (en rebeldía). No acto do xuízo que tivo lugar el día 25 de novembro de 2008, as partes que comparecen presentaron un escrito de transacción en relación aos pedimentos da demanda e reconvención nos seguintes termos, interesando a súa homologación:

1º.-Que son herdeiros de Manuel González, veciño que nos seus días foi de Bermil, Santa Cristina de Paradela (que na certificación de defunción figura como Manuel González García), os seus fillos José María González Díaz, Lorenzo González Díaz, Juana González Díaz, Manuela González Díaz e os fillos de Pedro González Díaz, chamados María-Josefa, Filomena, Carmen, José-María e María Benita González González.

2º.-Que son herdeiros ab intestato de Pedro González Díaz os seus cinco fillos, María-Josefa, Filomena, Carmen, José María e María Benita González González.

3º.-Que os dereitos que correspondían a José María González Díaz na herdanza de Manuel González foron transmitidos a Manuel López Rodríguez, casado con Mª Josefa González González, en virtude da escritura pasada ante o notario que foi de Sarria Rafael Nóvoa Puga o 3 de novembro de 1901.

4º.-Que os dereitos que correspondían a Lorenzo González Díaz na herdanza de Manuel González foron transmitidos a Manuel López Rodríguez, casado con Mª Josefa González González, en virtude da escritura pasada ante o notario que foi de Sarria José Barja Alonso o 27 de maio de 1910.

5º.-Que os dereitos hereditarios que por herdanza dos seus pais e outras lle correspondesen a Mª Benita González González, foron adquiridos por Manuel López Rodríguez (marido de Mª Josefa González González) para a súa sociedade de gananciais en virtude de conciliacións que tiveron lugar o 8 de xaneiro de 1917 e o 14 de xullo de 1925.

6º.-Que son herdeiros ab intestato de Manuela González Armesto os seus cinco fillos antes citados, María Josefa, Filomena, Carmen, José-María e María Benita González González.

7º.-Que a sucesión de Manuel López Rodríguez (marido de Josefa González González) se rexe polo seu testamento do 25 de setembro de 1925.

8º.-Que a única e universal herdeira de Eliseo López González, falecido en Melilla, en estado de solteiro, sen descendencia e sen ter outorgado testamento foi súa nai, Mª Josefa González González.

9º.-Que a sucesión de María Josefa González González, falecida o 18-3-1943, se regula polo testamento do 24 de outubro de 1926, outorgado ante o notario de Sarria, Pastor Varela Martínez, sendo os seus herdeiros os seus catro fillos José Ramón, Daniel, Manuel-María e María Avelina, dado que Eliseo xa morrera antes ca ela, o día 24 de febreiro de 1937.

10º.-Que o único e universal herdeiro de José María González González foi o seu sobriño Daniel López González, en virtude de testamento do 16 de xullo 1945.

11º.-Que Filomena González González, falecida o 1 de decembro de 1933, deixou como herdeiros ab intestato os seus irmáns María Josefa, María Benita, Carmen e José María González González.

12º.-Que son herdeiros ab intestato de Carmen González González os seus irmáns que a sobreviviron ao seu falecemento, María-Josefa, José María e María Benita González González.

13º.-Que en virtude do convido na escritura do 18 de xaneiro de 1981, pasada ante o notario de Becerreá, José Miguel Sánchez Andrade Fernández, os bens, dereitos e accións que pertencían a Daniel López González, por compra a María Combersinda, Carmen, Domingo Antonio e Anuncia Rodríguez González, por escritura outorgada en Sarria o 24 de xullo de 1965, ante el notario Emilio Mezquita del Cacho, pasaron a Concepción Losada Rodríguez e Concepción Bergantiños Losada, que os compraron pro indiviso e a partes iguais, facéndoo Concepción Bergantiños Losada para a sociedade legal de gananciais que forma con José González de la Vega.

14º.-Que en virtude do convido na escritura do 18 de xaneiro de 1981, pasada ante o notario de Becerreá, José Miguel Sánchez Andrade Fernández, os bens, dereitos e accións que pertencían a Daniel López González, por compra a Carmen González González, por documento privado datado en Bermil-Paradela o 18 de xaneiro de 1947, e que esta herdara dos seus pais Pedro González e Manuela González, e de súa tía Filomena González González, pasaron a Concepción Losada Rodríguez e Concepción Bergantiños Losada, que os compraron pro indiviso e a partes iguais, facéndoo Concepción Bergantiños Losada para a sociedade legal de gananciais que forma con José González de la Vega.

15º.-Que en virtude do convido na escritura do 18 de xaneiro de 1981, pasada ante o notario de Becerreá, José Miguel Sánchez Andrade Fernández, os bens, dereitos e accións que pertencían a Daniel López González, por herdanza dos seus pais Manuel López Rodríguez e María Josefa González González e do seu tío José María González González, pasaron a Concepción Losada Rodríguez e Concepción Bergantiños Losada, que os compraron pro indiviso e a partes iguais, facéndoo Concepción Bergantiños Losada para a sociedade legal de gananciais que forma con José González de la Vega.

16º.-Que procede realizar a partición das herdanzas de Manuel González (que na acta de defunción figura como Manuel González García), Pedro González Díaz, Manuela González Armesto, Filomena González González, Carmen González González, Josefa González González e Manuel López Rodríguez, logo da liquidación da sociedade de gananciais, servindo de base para iso os pronunciamentos que se dean con relación aos pedimentos de demanda e reconvención.

17º.-Que son interesados nas citadas herdanzas as seguintes persoas:

A) José Ramón López González, ausente, en ignorado paradoiro.

B) Manuel-María López González, ausente, en ignorado paradoiro.

C) Os descendentes de Avelina López González: os seus fillos Manuel López López, Genoveva López López, María López López, Dolores López López, e as súas netas Concepción López López, Milagros López López e María Soledad López López.

D) E por razón da adquisición de dereitos de Daniel López González: Concepción Losada Rodríguez e Concepción Bergantiños Losada - José González de la Vega.

Parte dispositiva:

Homológase a transición xudicial acordada entre a parte demandante, Dolores e María López López (representadas pola procuradora sra. García García), e a parte demandada, Genoveva López López (representada pola procuradora sra. López Vila), Manuel López López, Concepción López López, Soledad López López, Milagros López López, Concepción Losada Rodríguez, Concepción Bergantiños Losada e José Javier González de la Vega (representados pola procuradora sra. López Díaz), nos termos expostos nos antecedentes desta resolución, que neste lugar se dan por reproducidos.

Declárase finalizado este proceso.

Expídase a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida aos autos e lévese a orixinal ao libro correspondente.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo, que se deberá preparar ante este xulgado no prazo de cinco días a partir do seguinte ao da súa notificación».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Ramón López González, Manuel López González e as persoas descoñecidas e incertas que poidan ter dereito na sucesión de Pedro González Díaz, Manuela González Armesto, Filomena González González, Carmen González González, Josefa González González e Manuel López Rodríguez expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Sarria, 3 de decembro de 2008.

Carmen Ramos Vázquez

Secretaria