DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.358

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (436/2007).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número un de Padrón, fai saber que en autos de JVB 436/07, promovidos por Ángela González Piñeiro, representada pola procuradora señora Sánchez Silva, contra Rosa Tubío Costas, en paradoiro descoñecido, sobre deslindamento do predio a labradío Soa Ribeira, ditouse sentenza en data do 18 de xullo de 2008 cuxa parte dispositiva di así:

«Estímase integramente a demanda formulada pola procuradora sra. Sánchez Silva, en representación de Ángela González Piñeiro, contra Rosa Tubío Costas, en situación procesual de rebeldía, declarando que a liña de deslindamento do predio propiedade da demandante descrita no feito primeiro da demanda (labradío chamado Soa Ribeira, mide superficialmente vinte e tres concas con catro quintos, iguais a oito áreas trinta e catro centiáreas. Ten unha figura en forma de ele no sentido leste-oeste, e na mesma dirección está cruzada por un camiño de servidume de carro), no seu lindeiro norte coa propiedade de Rosa Tubío Costas, é a determinada pola perito agrícola Julia Galbán Rodríguez, no seu informe pericial con data do 10 de xullo de 2006, con imposición de custas do procedemento á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación. O recurso prepararase ante este tribunal dentro do prazo de cinco días contados desde o seguinte á notificación da resolución. No escrito de preparación o apelante limitarase a citar a resolución apelada e manifestará a súa vontade de non recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Rosa Tubío Costas, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Padrón, 8 de outubro de 2008.

O secretario

Rubricado