DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.357

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2009, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de dous postos vacantes de xefe/a de grupo de persoal de xestión e servizos.

Por Resolución do 11 de xullo de 2008 (DOG nº 149, do 4 de agosto) convocáronse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, dous postos vacantes de xefe de grupo de persoal de xestión e servizos.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base sexta, e a vista dos méritos alegados polos aspirantes que constan nas actas da devandita comisión.

Esta xerencia xeral, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro.-Adxudicarlles os postos de traballo convocados aos aspirantes que obtiveron a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo.-Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro.-A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde ou dun mes, se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente xeral do complexo hospitalario.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto.-Os aspirantes nomeados obterán un nomeamento que será obxecto de avaliación cada catro anos, para os efectos de apreciar o nivel de rendemento. O resultado da avaliación determinará a prórroga do nomeamento ou, de ser o caso, a súa remoción.

Quinto.-Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Sergas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 19 de xaneiro de 2009.

José Luis Jiménez Martínez

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense

ANEXO

Posto: xefa de grupo da área cirúrxica.

Nome e apelidos: María del Pilar Rodríguez Carnero.

DNI: 34579990-L.

Posto: xefa de grupo de atención ao paciente.

Nome e apelidos: Purificación Álvarez Atrio.

DNI: 34923260-Z.