DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.356

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos do baremo aberto polo Anuncio do 6 de novembro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario na especialidade de procesos e produtos en madeira e moble; no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, na especialidade de italiano; no corpo de profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de canto, clave, contrabaixo, fagot, óboe e viola da gamba. (Diario Oficial de Galicia do 14 de novembro de 2008); corrección de erros no Diario Oficial de Galicia do 27 de novembro de 2008.

Publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións, procede publicar o baremo definitivo e a relación de excluídos no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das delegacións provinciais e na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais e na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es profesorado/interinos-substitutos) as puntuacións definitivas e a relación de excluídos do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario na especialidade de procesos e produtos en madeira e moble; no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, na especialidade de italiano; no corpo de profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de canto, clave, contrabaixo, fagot, óboe e viola da gamba.

Segundo.-Declarar excluídos definitivamente os aspirantes que figuran no anexo deste anuncio, polas causas que se indican.

Terceiro.-Contra estas puntuacións definitivas poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2009.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "02300D035P091.PDF"