DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.355

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 063 (oficial 1ª condutor/a//condutores/as 1ª e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos en relación co proceso selectivo.

Nas sesións que tiveron lugar os días 20 e 22 de xaneiro de 2009, o tribunal nomeado pola Orde do 29 de outubro de 2008 para cualificar o proceso selectivo para o acceso á categoría 063 (oficial 1ª condutor/a//condutores/as 1ª e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, convocada pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG nº 61, do 28 de marzo), modificada pola Orde do 17 de abril de 2008 (DOG nº 78, do 23 de abril), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Modificar no modelo de corrección publicado o día da realización do primeiro exercicio a contestación ás preguntas número 27, 28 e 44 do primeiro exercicio da quenda de promoción interna e cambio de categoría, de maneira que as respostas correctas son as letras b), d) e c), respectivamente.

Segundo.-Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas 16, 29 e 49 que procede substituír polas preguntas 51, 52 e 53, respectivamente.

De conformidade co disposto na base II.3.7 da orde da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro.-Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto.-De conformidade co disposto na base II.2.I da orde da convocatoria, na quenda de promoción interna e cambio de categoría superaron o primeiro exercicio da fase de oposición os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de doce puntos e medio (12.5). Para acadar a dita puntuación é necesario ter o 50% de respostas correctas unha vez aplicados os descontos.

Quinto.-Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o acceso á categoría 063 (oficial 1ª condutor/a//condutores/as 1ª e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, no auditorio do Recinto da Feira Internacional de Silleda, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na sede electrónica da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Sexto.-De acordo co disposto na base II.2.1.1 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2009.

José Álvarez Robledo

Presidente do tribunal