DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.354

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, grupo B, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 7, do 10 de xaneiro), pola que se fan públicas as puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 26 de xaneiro de 2009, o tribunal designado pola Orde do 8 de setembro de 2008 (DOG nº 176, do 11 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, grupo B, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, de acordo co establecido na base II.1.2 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro.-Desestimar as reclamacións presentadas, de conformidade coa base II.2.8 da convocatoria, contra as preguntas incluídas no segundo exercicio da fase de oposición.

Segundo.- Publicar as puntuacións correspondentes ao segundo exercicio da fase de oposición pola quenda de acceso libre, no lugar de realización do exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es). De acordo co establecido na base II.1.2 da orde da convocatoria, a puntuación mínima para acadar a cualificación de apto é de dez (10) puntos.

Terceiro.-De acordo co disposto na base II.1.2. da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que xulguen oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Sinalar os aspirantes que superaron o segundo exercicio que, segundo o disposto na base II.1.2 da convocatoria, dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación no DOG desta resolución, para presentaren documento xustificativo (orixinal ou fotocopia debidamente compulsada) de estar en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG nº 146, do 30 de xullo), para os efectos da exención prevista no terceiro exercicio.

Esta documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

En todo caso, na dita documentación xustificativa deberá constar que o aspirante posuía o curso de que se trate no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2009.

Vanessa Cal Ríos

Presidenta do tribunal