DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.353

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 21 de xaneiro de 2009 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradoras da propiedade, mercantís e de bens mobles para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade e mercantís que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 27 de outubro de 2008 (BOE do 4 de novembro) e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 e demais concordantes do Regulamento para a súa execución, e o Decreto da Xunta de Galicia 37/2007, do 15 de marzo, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as rexistradoras comprendidas na citada orde ministerial e que no anexo se relacionan, para prover os rexistros vacantes radicado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2009.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

ANEXO

-Francisca Núñez Núñez, rexistradora de Lalín para o rexistro de Ourense número 1.

-Margarita José Alconchel Sáis-Pardo, rexistradora de Vigo número 5 para o rexistro de Vigo número 2 (Pontevedra).

-Cristina Rollán Salgado, rexistradora de Vigo número 4 para o rexistro de Redondela (Pontevedra).

-Marina Rey Suárez, rexistradora de Viveiro para o rexistro de Pontedeume (A Coruña).