DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.352

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de xullo de 2008 pola que se convoca proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 144, do 28 de xullo de 2008, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 14.392, onde di: «II.2.3. Rematada a fase de oposición, desde a publicación polo tribunal das notas do terceiro exercicio, os aspirantes deberán proceder de conformidade…», debe dicir: «II.2.3. Desde a publicación polo tribunal das notas do segundo exercicio, os aspirantes deberán proceder de conformidade…».

Na páxina 14.395, onde di: «24. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: títulos I a IV», debe dicir: «24. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I a IV».