DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.331

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, pola que se fan públicos os códigos de identificación do censo de asociacións e entidades culturais de Galicia, correspondentes ao ano 2008.

Para lle dar cumprimento ao estipulado no artigo 5 do Decreto 44/2001, do 1 de febreiro, polo que se establece a refundición da normativa en materia do censo de asociacións e entidades culturais, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, unha vez aplicadas as claves de clasificación correspondentes, segundo dispón o artigo 4 do devandito decreto, e unha vez finalizado o proceso de clasificación,

RESOLVE:

Asignar con carácter provisional o código de identificación do censo (CIC), asignado ás asociacións e entidades culturais que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2009.

Luis Bará Torres

Director xeral de Creación e Difusión Cultural

Ver referencia pdf "02300D020P067.PDF"