DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.318

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se modifica a Orde do 18 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e aconsellamento, e se convocan para o ano 2009.

Advertidos erros na devandita Orde do 29 de decembro de 2008, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 2, do 5 de xaneiro de 2009, cómpre facer as oportunas correccións:

-Na páxina 107, na modificación sétima, o punto 1.b) debe quedar redactado como se cita a continuación:

1.b) «Nas medianas empresas a intensidade da axuda terá carácter decrecente, sendo dun 40% no primeiro ano de implantación, 32% no segundo, 24% no terceiro, 16% no cuarto e 8% no quinto.

Nas intermedias e grandes, a intensidade da axuda terá carácter decrecente, sendo dun 30% no primeiro ano de implantación, 24% no segundo, 18% no terceiro, 12% no cuarto e 6% no quinto».

-Na páxina 107, na epígrafe I) do punto 11.c) da modificación oitava, onde di: «Declaración segundo anexo XIV de ser Peme», debe dicir: «Declaración segundo anexo XV de ser PEME».

-Na páxina 108, no punto 15) da modificación oitava, onde di: «… que declarese unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, segundo o anexo XV», debe dicir: «… que declarese unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, segundo o anexo XIV».

-Na páxina 108, no punto 8.c) da modificación décima, onde di: «Copia cotexada dos contratos obxecto da solicitude ou compromiso de presentalos antes da primeira xustificación da axuda, e en ningún caso con data posterior ao 30 de novembro...», debe dicir; «Copia cotexada dos contratos obxecto da solicitude ou compromiso de presentalos no prazo máximo dun mes desde a súa formalización, e en ningún caso con data posterior ao 1 de novembro...».

-Na páxina 108, no punto 12) da modificación décima, onde di: «Declaración da condición de pequena/mediana empresa segundo o anexo XIV», debe dicir: «Declaración da condición de pequena/mediana empresa segundo o anexo XV».

-Na páxina 108, no punto 13) da modificación décima, onde di: «… que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, segundo o anexo XV.», debe dicir: «… que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, segundo o anexo XIV.».

-Na páxina 110, no anexo II, epígrafe A, eliminar o décimo recadro, onde di:« Relación en formato dixital e por programas das explotacións usuarias dos servizos de aconsellamento e/ou xestión, que recolla... ».

-Na páxina 110, no anexo II, epígrafe A, eliminar o décimo primeiro recadro, onde di:« Relación en formato dixital e por programas das explotacións usuarias dos servizos de aconsellamento e/ou xestión, que recolla... ».

-Na páxina 113, anexo VII, no recadro segundo, onde di:« Cumprir as condicións de substitución do traballador especificadas no punto 5 do artigo 11º desta orde…», debe dicir: «Cumprir as condicións de substitución do traballador especificadas no punto 8 do artigo 11º desta orde…».

-Na páxina 116, no anexo XIV, onde di: «Declara: Que a entidade non se atopa en situación de crise conforme coa definición prevista no artigo 17º do Regulamento (CE) 800/2008 .... », debe dicir: “Declara: Que a entidade non se atopa en situación de crise conforme coa definición prevista no artigo 1.7 do Regulamento (CE) 800/2008 ...».