DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.303

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xaneiro de 2009 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro público de educación e promoción de adultos de Pontevedra (Pontevedra).

Tendo en conta o disposto no artigo 3 punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do centro público de educación e promoción de adultos de Pontevedra que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2009.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Código de centro: 36018872.

Denominación: centro público de educación e promoción de adultos de Pontevedra.

Nova denominación: centro público de educación e promoción de adultos Río Lérez.