DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.283

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de xaneiro de 2009 pola que se fan públicas as candidaturas presentadas nas xuntas electorais provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, para as eleccións ao Parlamento de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución, publicada o mércores 27 de marzo de 2009, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 1.816, onde di: «... que terán lugar o día 3 de marzo ...», debe dicir: «... que terán lugar o día 1 de marzo ...».

Na páxina 1.820, na candidatura do Partido Popular, correspondente á provincia de Lugo, onde di: «7 María Isabel García Pacin», debe dicir: «7 María Isabel García Pacín».