DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 03 de febreiro de 2009 Páx. 2.274

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 23 de xaneiro de 2009 pola que se dispón o cesamento, por petición propia, de membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe sobre todos os ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na Comunidade Autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, e polo Real decreto 223/2004, do 6 de febreiro, e Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.

A Orde do 11 de xullo de 1996, pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité se axustará ao establecido no Decreto 32/1996 e que os seus membros serán nomeados por orde da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996 e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios da Consellería de Sanidade,

DISPOÑO:

Artigo único.-Cesan, por petición propia, como membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo do 1996, as persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2009.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Persoas que cesan como membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia:

Amparo González García, diplomada universitaria en enfermaría, supervisora da Unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense.

Alejandro Alberto García Caballero, médico especialista en psiquiatría, facultativo especialista de área do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE SANIDADE