DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 30 de xaneiro de 2009 Páx. 2.066

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 22 de xaneiro de 2009 pola que se nomean os membros da comisión técnica de valoración da proba do galego no concurso unitario de traslados de funcionarios con habilitación de carácter estatal, se convocan os concursantes para a realización da proba e se fai pública a data, a hora e o lugar de realización.

Mediante a resolución do 29 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Cooperación Local do Ministerio de Administracións Públicas, convocouse concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal (BOE nº 280, do 20 de novembro).

De acordo co disposto na base quinta da antedita resolución, en aplicación do artigo 3 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os concursantes que non acrediten coa solicitude de participación no concurso estar en posesión do Celga 4 ou equivalente participarán nunha proba de galego eliminatoria.

No citado precepto establécese que a valoración da dita proba a realizará unha comisión técnica composta por tres persoas expertas na materia, nomeándose por cada membro titular un suplente.

Na súa virtude, vista a proposta realizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, esta Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear as persoas que a continuación se relacionan membros da comisión técnica de valoración da proba do galego no concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal:

Titulares:

-Begoña González Rei.

-Gregorio Ferreiro Fente.

-Xoán Carlos Domínguez Alberte.

Suplentes:

-Olga Iglesias de la Fuente.

-Xermán García Cancela.

-María Miramontes Castro.

Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

Segundo.-Convocar os concursantes que non acreditaron xunto coa solicitude de participación no concurso unitario de traslados convocado pola Resolución do 29 de outubro de 2008 estar en posesión do Celga 4 ou equivalente para a realización dunha proba eliminatoria de galego.

A relación de concursantes que deberá realizar a devandita proba exporase no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Administración Local e na páxina web (http://www.eidolocal.es).

Terceiro.-A proba terá lugar o vindeiro día 6 de febreiro de 2009, ás 9.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid nº 2-4 en Santiago de Compostela.

Os concursantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo da comisión.

Non se permitirá o acceso ao lugar da proba con teléfono móbil, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2009.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza