DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 30 de xaneiro de 2009 Páx. 2.066

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de xaneiro de 2009 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo administrativo da Xunta de Galicia, grupo C.

Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 18, do 27 de xaneiro, é necesario facer a seguinte corrección:

-No último parágrafo, onde di: «Contra esta orde, …, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa»; debe dicir: «Contra esta orde, ., ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, de acordo co disposto na Lei 9/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».