DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 28 de xaneiro de 2009 Páx. 1.806

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 292/2008, do 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Axencia Galega de Emerxencias.

Advertido un erro na páxina 598, na publicación do Decreto que se cita no Diario Oficial de Galicia nº 7, do 12 de xaneiro do 2009, cómpre facer a seguinte corrección:

Na disposición adicional primeira, onde di:

«Os postos de traballo comprendidos na relación de postos de traballo da Dirección Xeral de Protección Civil que a seguir se relacionan, e o persoal funcionario e laboral que na data da constitución da Axencia Galega de Emerxencias os ocupase, adscribiranse á axencia tendo dereito a manter a mesma situación administrativa, antigüidade e grao.

Ver referencia pdf "01900D002P006.PDF"

Debe dicir: «De conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 223/2007, do 5 de decembro, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Emerxencias, parágrafos b) e c), os postos de traballo comprendidos na relación de postos de traballo da Dirección Xeral de Protección Civil que a seguir se relacionan, e o persoal funcionario que na data de constitución da Axencia Galega de Emerxencias os ocupase, adscribiranse a axencia tendo dereito a manter a mesma situación administrativa, antigüidade e grao.

Ver referencia pdf "01900D002P006.PDF"

Con respecto aos postos de traballo comprendidos na relación de postos de traballo da Dirección Xeral de Protección Civil que a seguir se relacionan, e o persoal laboral que na data de constitución da Axencia Galega de Emerxencias os ocupase, a axencia subrógase na posición de empregador.

Ver referencia pdf "01900D002P006.PDF"