DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 23 de xaneiro de 2009 Páx. 1.587

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 14 de xaneiro de 2009 pola que se dispón a renovación de vogais dos consellos de administración de autoridades portuarias.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás cales representen aqueles.

Polo exposto, vista a proposta do ente público Portos do Estado e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

A renovación do mandato, como vogais, en representación da Administración xeral do Estado, nos consellos de administración das autoridades portuarias, das seguintes persoas:

-Na Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra:

José Vázquez Otero.

Teresa Casal García.

-Na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría:

Manuel Rodríguez Cuervo.

Julián Víctor García Mouriño.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2009.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

c) SUBSTITUCIÓNS VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR