En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e un de xaneiro de dous mil nove,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, María Montserrat Prado Cores como delegada provincial de Pontevedra da Consellería de Innovación e Industria, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, vinte e un de xaneiro de dous mil nove.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
Fernando Xabier Blanco Álvarez
Conselleiro de Innovación e Industria