DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 08 de xaneiro de 2009 Páx. 280

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 19 de decembro de 2008 pola que se publica a substitución dun vogal do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das ONG.

De acordo co establecido no artigo 11.5º do Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, os vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento serán nomeados e cesados polo titular do departamento competente, logo da proposta das entidades con representación naquel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia.

A asemblea xeral ordinaria da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais do 5 de abril de 2008 propón a baixa e o nomeamento dos vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento que a continuación se citan.

Polo tanto, vistas as propostas de cesamento e nomeamento formuladas de acordo co disposto no artigo 11.5º do Decreto 326/2004, do 29 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Que cese, por proposta da asemblea xeral ordinaria da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais, a Félix Castro Latorre como vogal no Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.

Artigo segundo.-Nomear, por proposta da asemblea xeral ordinaria da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais, a José Luis Quintela Julián como vogal no Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2008.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administración

Públicas e Xustiza