DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 07 de xaneiro de 2009 Páx. 230

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2008 pola que se ordena a publicación do acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia do 5 de decembro de 2008 polo que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal que se relacionan.

En virtude das competencias que me corresponden conforme o artigo 9 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas,

RESOLVO:

Facer público o acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia do 5 de decembro de 2008 polo que se aproba a creación dos ficheiros de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo, así como a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para a súa posterior inscrición no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos.

ACORDO:

1. Obxecto.

Créanse os ficheiros de datos de carácter persoal xestionados polo Consello de Contas de Galicia, no ámbito de aplicación da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, que se relacionan no anexo desta resolución.

2. Contido.

A información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo deste acordo en cada un dos ficheiros creados.

3. Finalidade e usos dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal rexistrados nos ficheiros do Consello de Contas de Galicia creados polo presente acordo só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

4. Cesión de datos.

Os datos destes ficheiros só poderán ser cedidos aos órganos xudiciais e a outras autoridades públicas nos supostos e nos termos previstos no ordenamento xurídico, así como aos destinatarios indicados para cada ficheiro no anexo.

5. Órgano responsable da seguranza dos ficheiros.

Será responsable da seguranza dos ficheiros a Secretaría Xeral do Consello de Contas de Galicia sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia daqueles teña o persoal dos correspondentes servizos e unidades do Consello de Contas.

6. Medidas de seguranza.

As medidas de seguranza dos ficheiros serán as de nivel básico, salvo que expresamente se dispoña o contrario no anexo.

7. Dereito de oposición, acceso, rectificación e cancelación de datos.

As persoas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos, cando proceda, mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral do Consello de Contas, no enderezo Domingo Fontán nº 7, 15771, Santiago de Compostela.

Disposición derradeira

Entrada en vigor.

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2008.

Antonio López Díaz

Conselleiro maior do Consello

de Contas de Galicia

ANEXO

Ficheiros de nova creación.

1. Asuntos xurídicos.

Nome do ficheiro: Asuntos xurídicos.

Descrición da finalidade: tramitación de informes e expedientes xurídicos.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Colectivo afectado: relación de persoas físicas ou xurídicas que orixinaron un expediente xurisdicional en que tomou parte o Consello de Contas de Galicia ou que figuran relacionadas con procedementos de responsabilidade contable.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; enderezo; teléfono; nome e apelidos.

Procedemento de recolla de datos: o propio interesado ou o seu representante legal; outras persoas físicas, xurídicas, públicas ou privadas.

Cesión abranguida: Tribunal de Contas.

Nivel de seguranza: medio.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán nº 7, 15771, Santiago de Compostela.

Sistema de tratamento: mixto.

2. Xestión económica.

Nome do ficheiro: Xestión económica.

Descrición da finalidade: Xestión económica, orzamentaria e contable.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Colectivo afectado: datos das persoas físicas ou xurídicas que aparecen na xestión contable e orzamentaria do Consello de Contas de Galicia.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; enderezo; teléfono; nome e apelidos; número da Seguranza Social; datos contables.

Procedemento de recolla de datos: o propio interesado ou o seu representante legal.

Cesión contemplada: AEAT.

Nivel de seguranza: básico.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán nº 7, 15771, Santiago de Compostela.

Sistema de tratamento: mixto.

3. Fiscalización.

Nome do ficheiro: Fiscalización.

Descrición da finalidade: realización e xestión das fiscalizacións do sector público e das subvencións outorgadas por este de acordo coas competencias atribuídas ao Consello de Contas en virtude da Lei 6/1985.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Colectivo afectado: datos das persoas físicas ou xurídicas, que foron obxecto de fiscalización por parte do Consello de Contas en virtude da Lei 6/1985.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; enderezo; teléfono; nome e apelidos; número da Seguridade Social; datos académicos e profesionais; datos de detalles de emprego; datos de saúde; datos de negocios xurídicos; datos económicos, financeiros e de seguros; sancións administrativas.

Procedemento de recolla de datos: entidades que forman parte do sector público galego e os interesados ou o seu representante legal.

Cesión abranguida: Tribunal de Contas.

Nivel de seguridade: alto.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán nº 7, 15771, Santiago de Compostela.

Sistema de tratamento: mixto.

4. Contratación.

Nome do ficheiro: Contratación administrativa.

Descrición da finalidade: xestión das relacións de contratación.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Colectivo afectado: relación de persoas físicas ou xurídicas con que o Consello de Contas de Galicia mantén relacións contractuais.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; enderezo; teléfono; nome e apelidos; datos académicos e profesionais; datos de detalles de emprego; negocios xurídicos sobre obras, bens e servizos.

Procedemento de recolla de datos: o propio interesado ou o seu representante legal.

Cesión abranguida:

Nivel de seguranza: básico.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán nº 7, 15771, Santiago de Compostela.

Sistema de tratamento: mixto.

5. Recursos humanos.

Nome do ficheiro: Recursos humanos.

Descrición da finalidade: xestión do persoal do Consello de Contas e realización de procesos selectivos.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Colectivo afectado: persoal que forma ou formou parte do Consello de Contas de Galicia.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; enderezo; teléfono; nome e apelidos; número da Seguranza Social; número de rexistro persoal; Datos académicos e profesionais; datos de detalles de emprego; datos económicos, financeiros e de seguros.

Procedemento de recolla de datos: o propio interesado ou o seu representante legal, outras administracións públicas.

Cesión abranguida: Administración de orixe do persoal, co fin de comunicar datos con relevancia para os efectos de imputación de antigüidade, a Seguranza Social e a AEAT.

Nivel de seguranza: básico.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán nº 7, 15771, Santiago de Compostela.

Sistema de tratamento: mixto.

6. Rexistro.

Nome do ficheiro: Rexistro.

Descrición da finalidade: xestión dos escritos recibidos ou remitidos polo Rexistro do Consello de Contas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Colectivo afectado: relación de persoas físicas ou xurídicas que entregaron ou recibiron algún escrito no rexistro do Consello de Contas de Galicia.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; enderezo postal e electrónico; provincia; nome e apelidos; representante legal.

Procedemento de recolla de datos: o propio interesado ou o seu representante legal; persoas autorizadas polo interesado.

Cesión contemplada: outros rexistros.

Nivel de seguranza: medio.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán nº 7, 15771, Santiago de Compostela.

Sistema de tratamento: mixto.

7. Control de visitas.

Nome do ficheiro: control de visitas.

Descrición da finalidade: control de seguranza das visitas que acceden ao Consello de Contas.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Colectivo afectado: relación de persoas que visitaron as instalacións do Consello de Contas de Galicia.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; empresa; nome e apelidos; motivo da visita.

Procedemento de recolla de datos: o propio interesado.

Cesión abranguida:

Nivel de seguranza: básico.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán nº 7, 15771, Santiago de Compostela.

Sistema de tratamento: mixto.

8. Videovixilancia.

Nome do ficheiro: Videovixilancia.

Descrición da finalidade: seguranza e control das instalacións.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Colectivo afectado: as persoas que acceden ás instalacións do Consello de Contas de Galicia.

Estrutura básica do ficheiro: imaxe.

Procedemento de recolla de datos: o propio interesado.

Cesión abranguida:

Nivel de seguranza: básico.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán nº 7, 15771, Santiago de Compostela.

Sistema de tratamento: automatizado.