A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandado e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1.-Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada pola Consellería de Sanidade e que se relaciona no anexo.
2.-Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2008.
Mª José Rubio Vidal
Conselleira de Sanidade
ANEXO
Enquisa sobre os hábitos alimentarios da poboación adulta galega 2007: 10 euros.