DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 2009 Páx. 123

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2008 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 27 de maio de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de prevención do alcoholismo.

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 8º.3 da Orde do 27 de maio de 2008 (DOG nº 115, do 16 de xuño), pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de prevención do alcoholismo, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde.

Crédito orzamentario: 200.000 € con cargo á aplicación 1301.413A.481.07 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, distribuídos da seguinte forma:

a) Para as axudas destinadas ao mantemento dos programas e actividades de prevención do alcoholismo que se sinalan no artigo 3º.1: 130.000 €.

b) Para as axudas destinadas a programas innovadores na prevención do alcoholismo (artigo 3º.2): 70.000 €. No caso de que non se chegase a esgotar esta cantidade, o sobrante pasaría a incrementar o importe da alínea a).

No que se refire aos beneficiarios, importe e finalidade da subvención: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2008.

Cayetano Rodríguez Escudero

Secretario xeral do Servizo Galego de Saúde

Ver referencia pdf "00200D012P071.PDF"