DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 2009 Páx. 122

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 19 de decembro de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria dos premios a experiencias curriculares no proxecto Climántica 2008-2009.

Advertidos erros no título da orde, publicada no DOG nº 251, do 29 de decembro de 2008, cómpre publicar a seguinte corrección:

No seu título, onde di:

«Orde do 19 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria dos premios a experiencias curriculares no proxecto Climántica 2008-2009».

Debe dicir:

«Orde do 19 de decembro de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria dos premios a experiencias curriculares no proxecto Climántica 2008-2009».