DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 2009 Páx. 117

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2008 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 92, do 14 de maio), subvencións a particulares, asociacións e institucións culturais para a realización de actividades culturais.

O artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Resolvo:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.432B. 481.1. Subvencións a particulares, asociacións e instituciónsculturais para a realización de actividades culturais.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2008.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte

Ver referencia pdf "00200D009P065.PDF"