DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 2009 Páx. 59

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 23 de decembro de 2008 pola que se nomea o tribunal que cualificará as probas de habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada do galego para outras linguas, e viceversa.

Mediante o Decreto 267/2002, do 13 de xuño, regulouse a habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada doutras linguas para o galego, e viceversa (publicado no DOG nº 182, do 20 de setembro) e establecéronse as titulacións e os requisitos necesarios para desenvolver estas tarefas, así como as probas necesarias para obter a citada habilitación.

Pola Orde do 18 de agosto de 2008, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, convocáronse as probas de habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada do galego para outras linguas, e viceversa (DOG nº 172, do 5 de setembro). No artigo 3 desta orde establecíase que o nomeamento dos membros do tribunal que cualificará as probas, así como dos asesores técnicos necesarios para a súa execución, se realizaría e se faría público unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, á vista do número de aspirantes para cada unha das habilitacións.

Polo tanto, de acordo co previsto no artigo 4 do Decreto 267/2002 e, en uso das competencias atribuídas a esta consellería polo Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia (publicado no DOG nº 155, do 12 de agosto),

Dispoño:

1. O nomeamento dos membros do tribunal que cualificará as probas, así como dos asesores técnicos necesarios para a súa execución:

Ver referencia pdf "00200D001P007.PDF"

Asesores técnicos: Silvia Montero Küpper, María Isabel del Pozo Triviño, José Luis Janeiro Espiñeira, Andrés Salter Gómez, Mercé López Casas e Pedro Cristian Ionescu Pérez.

2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á Secretaría Xeral de Política Lingüística cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a este tipo de probas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente, na sesión de constitución do tribunal, solicitará dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorreren as circunstancias previstas nesta base.

De ser o caso, con anterioridade á iniciación das probas, a autoridade convocante publicará no DOG unha resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas nas alíneas anteriores.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, pódese interpor potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria, conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2008.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza