DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 2009 Páx. 19

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de decembro de 2008 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2007-2013 e se convocan parcialmente para o exercicio orzamentario de 2009.

Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 239, do 10 de decembro de 2008, é necesario efectuar a seguinte corrección:

No artigo 2 incluído na Sección primeira (Modificación da Orde do 4 de maio de 2007) engádese unha quinta modificación da Orde do 4 de maio de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2007-2013, modificada pola Orde do 28 de decembro de 2007, que é a seguinte:

Quinta: Modificación do punto 3º do artigo 3 da Orde do 4 de maio de 2007.

O punto 3º do artigo 3 (Investimentos subvencionables) da Orde do 4 de maio de 2007 quedará redactado como segue:

«3.-Non serán, no entanto, obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.».