DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2008 Páx. 23.540

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia a orde a que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas e prezos coma os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que deron en crear ou modificar os servizos xestores e as tarifas existentes, razón pola que mediante esta resolución se procede a revisar a codificación recollida nas ordes citadas, consonte coa autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992. As normas que motivan a revisión da codificación son as que se citan a seguir:

a) O Decreto 51/2008, do 6 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que veu completar a regulación deste ente, creado pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

b) A Resolución do 14 de decembro de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, pola que se lle dá publicidade ao acordo do conselleiro do Medio Rural en que se determina o inicio da actividade do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal), ente de dereito público adscrito á consellería competente en materia de agricultura creado pola Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.

c) A Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, que crea a Agadic como axencia pública autonómica con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, adscrita á consellería competente en materia de cultura e que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suficientes e estables.

d) O Decreto 183/2008, do 31 de xullo, sobre extinción de fundacións públicas hospitalarias, que extinguiu a Fundación Pública Hospital da Barbanza, a Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, a Fundación Pública Hospital de Verín e a Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés.

e) A Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, que dota o Consello Galego de Relacións Laborais de personalidade xurídica e patrimonio de seu e de plena autonomía funcional para o cumprimento dos seus fins e, finalmente.

f) A Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2009, que modifica os anexos 1, 2 e 3 da Lei 6/2003, engadindo novas tarifas e modificando e suprimindo algunhas das xa existentes.

Por outra banda, a Resolución do 27 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se lle concede a Caja de Ahorros del Mediterráneo, provocou a necesidade de proceder á súa codificación para os efectos do pagamento das taxas e prezos. Ademais, a modificación da denominación da Caixa Xeral de Depósitos por Caixa Geral obriga a actualización desta.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición da orde do 30 de xuño de 1992 referida,

RESOLVO:

Primeiro.-Actualizar as táboas dos códigos das consellerías e servizos recollidas no anexo V da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, da forma que se especifica a seguir:

1. Créase dentro da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, o servizo:

18 Axencia de Protección da Legalidade Urbanística: OA.

2. Créase dentro da Consellería do Medio Rural o servizo:

17 Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal): OA.

3. Modifícase o código 02 da Consellería de Cultura e Deporte que queda redactado como segue:

02 Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic): OA.

4. Elimínanse os códigos seguintes correspondentes á Consellería de Sanidade:

09 Fundación Pública Hospital do Barbanza: OA.

10 Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira: OA.

14 Fundación Pública Hospital de Verín: OA.

15 Fundación Pública Hospital do Salnés: OA.

5. Modifícase o código 04 da Consellería de Traballo que queda redactado como segue:

04 Consello Galego de Relacións Laborais: OA.

Segundo.-Actualizar o anexo VI da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 do xeito seguinte:

a) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.07.15 Outras inscricións no Rexistro de Modelos de Máquinas: modificacións substanciais da inscrición, cancelación da inscrición ou autorización da cesión da inscrición. No caso das máquinas tipo B, a contía multiplicarase polo nº de xogos que se modifiquen.

30.07.16 Inscrición no Rexistro de modelos de modificacións non substanciais da inscrición segundo o tipo de máquina.

30.07.17 Homologación de tarxetas prepagamento para máquinas tipo B.

30.07.18 Homologación de fichas, tarxetas magnéticas prepagamento ou outros soportes físicos autorizados para máquinas tipo C.

30.07.19 Homologación de interconexión de máquinas.

30.07.20 Modificación de sistemas de interconexión de máquinas de xogo.

30.07.21 Autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas de xogo e as súas modificacións.

30.07.22 Autorización de instalación do centro de control do sistema de interconexión de máquinas de xogo tipo A entre establecementos.

30.07.23 Autorización de instalación do centro de control do sistema de interconexión de máquinas de xogo tipo B entre casinos.

30.07.24 Autorización de instalación do centro de control do sistema de interconexión de máquinas de xogo tipo C entre salóns.

30.07.25 Proba e exhibición de prototipo de modelos, por cada unidade de prototipo.

30.07.26 Inscrición no Rexistro de modelos de cambio de xogo en máquinas de vídeo tipo B.

30.07.27 Recoñecementos de modelos e certificacións de laboratorio.

30.07.28 Cesión de inscrición de modelos.

30.09.05 Autorización previa á suspensión de funcionamento por un período superior a 6 meses.

30.09.06 Modificacións non substanciais da autorización de instalación.

30.09.07 Inscricións na sección cuarta do Rexistro de Empresas.

30.09.08 Outras autorizacións e comunicacións.

30.10.09 Variacións de datos na inscrición de empresas no Rexistro do Xogo de Bingo.

30.10.10 Cambios de colocación da sala de bingo segundo a categoría da sala.

30.10.11 Peche da sala por máis de 30 días consecutivos.

30.10.12 Transmisión da autorización de instalación.

30.10.13 Modificacións substanciais da sala segundo a categoría da sala.

30.10.14 Modificacións non substanciais das salas.

30.10.15 Cambios nos cadros de persoal ou servizo da sala.

30.10.16 Cambios na maquinaria relacionada co desenvolvemento do xogo.

30.20.01 Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOXSE ou pola LOE e dos seus duplicados.

30.20.02 Homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros non universitarios.

30.22.01 Expedición de certificados sobre empresas ou establecementos de xogo.

30.22.02 Dilixenciamento de libros de xogo.

30.44.01 Inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e máis a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso:

-Para os/as residentes en países de América, agás Canáda e USA.

30.44.02 Validación de estudos de lingua galega polos certificados de acreditación do nivel de lingua galega Celga 1, 2, 3, 4 ou 5.

30.44.03 Expedición de duplicados de títulos, diplomas e/ou certificados de participación en actividades formativas ou de acreditación do nivel de coñecemento de lingua ou linguaxe administrativa galega

31.12.13 Inscrición no Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia.

31.49.00 Autorización previa para a instalación de aeródromos, aeroportos e heliportos non declarados de utilidade pública ou para a modificación relevante da instalación e inscrición no correspondente rexistro administrativo.

32.25.01 Instrumentos de medida de lonxitude.

32.25.02 Instrumentos non automáticos de medida de masa ata 600 kg.

32.25.03 Instrumentos non automáticos de medida de masa de máis de 600 kg.

32.25.04 Instrumentos automáticos de medida de masa.

32.25.05 Instrumentos de medida de volume non automáticos.

32.25.06 Instrumentos automáticos de medida de volume: surtidores, por mangueira.

32.25.07 Instrumentos automáticos de medida de volume: sistema de medida sobre camión cisterna.

32.25.08 Instrumentos automáticos de medida de volume: contadores de auga fría.

32.25.09 Instrumentos de medida de temperatura: termómetros e rexistradores de temperatura.

32.25.10 Instrumentos de medida de presión: manómetros e vacuómetros.

32.25.11 Instrumentos de contaxe de persoas.

32.25.12 Contadores de máquinas recreativas.

32.25.13 Instrumentos de medida de son: sonómetros.

32.25.14 Instrumentos de medida de velocidade: cinemómetros.

32.25.15 Opacímetros e analizadores de gases de escape.

32.25.16 Taxímetros.

32.25.17 Medidores de concentración de alcohol en aire expirado: etilómetros.

32.25.18 Refractómetros.

32.25.19 Contadores eléctricos.

32.63.00 Dirección de contratos de servizo de apoio á dirección de obras hidráulicas.

b) Modificando os códigos seguintes:

30.07.01 Autorización de explotación e autorización de instalación e localización (por cada máquina incluída nela).

30.07.03 Cambios no boletín de instalación e baixa deste ou cambios de titularidade do negocio desenvolvido no establecemento que dispón dunha autorización de instalación e localización e/ou cambios na autorización de instalación e localización e a súa extinción ou denuncia da validez da autorización de instalación e localización (por cada máquina incluída).

30.07.06 Comunicación de cambio de titularidade do negocio desenvolvido nun establecemento que dispón de autorización de instalación e localización

30.07.07 Comunicación de localización de máquina.

30.07.08 Homologación ou modificación dos modelos de máquinas recreativas e de xogo: primeira inscrición da homologación dun modelo de máquina.

30.07.10 Inscrición provisional de proba de prototipos de modelos de máquinas recreativas ou de azar.

30.08.00 Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo.

30.08.01 Autorizacións.

30.09.00 Autorizacións en salóns recreativos ou de xogo.

30.09.01 Autorización de instalación.

30.09.03 Modificacións substanciais da autorización de instalación.

30.09.04 Consulta previa de viabilidade.

30.10.02 Autorización de instalación.

30.10.03 Permiso de apertura de sala de bingo.

30.10.04 Modificación de autorizacións de instalación e os permisos de apertura.

30.10.05 Outras autorizacións e inscricións.

30.10.06 Inscrición de empresas no Rexistro de Xogo do Bingo.

30.10.07 Documentos profesionais.

30.10.08 Homologación de material de xogo do Regulamento 181/2002.

30.11.06 Documentos profesionais.

30.11.07 Homologación de material de xogo de casino.

30.11.08 Autorización para a realización de torneos/campionatos dos distintos xogos autorizados.

30.20.00 Actuacións en materia de títulos académicos e profesionais.

30.22.00 Outras actuacións en materia de xogo.

30.44.00 Acreditacións do nivel de competencia en lingua galega.

31.01.12 Aprobación de revisión de tarifas na explotación de estación de autobuses: procedemento ordinario.

31.07.16 Autorización de veterinario para a expedición de autorizacións de traslado de animais e, de ser o caso, outorgamento de clave de acceso vía web ao aplicativo informático para a súa emisión en liña.

31.19.01 Apertura e clasificación, cambios de grupo, categoría, titularidade, especialidade, modalidade, ampliacións, modificacións, reformas e calquera outro suxeito á autorización turística de establecementos hoteleiros e extrahoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas vacacionais, albergues turísticos e turismo rural.

31.19.04 Autorización, concesión dos títulos licenza, cambios de grupo, titularidade, domicilio e calquera outro suxeito á autorización turística das axencias de viaxes, centrais de reservas e das sucursais.

32.25.00 Verificación despois de reparación ou modificación e verificación periódica de instrumentos de medida, feita por entidade encargada de realizar o control metrolóxico na fase de instrumentos en servizo; por instrumento.

32.26.00 Verificación de instrumentos de medida, como consecuencia de reclamación de parte, realizada por un laboratorio de verificación metrolóxica ou por entidade encargada de realizar o control metrolóxico na fase de instrumentos en servizo, por instrumento.

32.51.00 Autorización de licenza comercial específica.

32.58.00 Rexistro de Entidades en Materia de Control Metrolóxico.

32.58.01 Rexistro de control metrolóxico de fabricantes, importadores, comercializadores, arrendadores e reparadores con sede na Comunidade Autónoma de Galicia:

-Primeira inscrición.

-Renovación da inscrición da tarifa anterior: o 50%.

32.58.02 Autorizacións ou habilitacións de organismos autorizados de verificación metrolóxica, organismos notificados e organismos de control metrolóxico.

32.58.03 Rexistro, modificacións, ampliacións e traslados de organismos autorizados de verificación metrolóxica, organismos notificados de control metrolóxico.

c) Eliminando os códigos seguintes:

30.07.09 Actuacións en materia de interconexión de máquinas de xogo.

30.07.11 Visita de inspección para a emisión ou renovación da guía de circulación.

30.07.12 Expedición da guía de circulación.

30.07.13 Renovación da guía de circulación.

32.24.00 Verificación, verificación primitiva da Comunidade Europea e primeiras verificacións realizadas por un laboratorio de verificación metrolóxica oficialmente autorizado ou por un organismo de control metrolóxico, por instrumento.

32.34.00 Pesos e medidas.

32.34.01 Medidas lineais.

32.34.02 Medidas de capacidade.

32.34.03 Medidas ponderables.

32.34.04 Instrumentos de pesaxe ata 1.000 kg.

32.34.06 Formación de lastre preciso para comprobación.

32.34.07 Medidores automáticos.

Terceiro.-Actualizar o anexo VII da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

1. Engadir a seguinte entidade financeira:

Caja de Ahorros del Mediterráneo.

2. Modificar o nome da Caixa Xeral de Depósitos por Caixa Geral.

Cuarto.-Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2009.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2008.

Regina Losada Trabada

Directora xeral de Tributos