DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2008 Páx. 23.155

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN parcial do 16 de decembro de 2008 pola que se adxudican as axudas do Programa María Barbeito (anexo I), Programa Lucas Labrada (anexo IV) e Programa Isabel Barreto (anexo V) da Orde do 31 de xullo de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 156, do 13 de agosto), pola que se convocan as axudas correspondentes a diversas accións formativas do Programa de Recursos Humanos, no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006-2010) para o ano 2008.

A orde da Consellería de Innovación e Industria do 31 de xullo de 2008 (DOG nº 156, do 13 de agosto), aproba as bases que rexerán a convocatoria de axudas correspondentes a diversas accións formativas do Programa de Recursos Humanos, no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006-2010) para o ano 2008.

No artigo 3 do anexo I e nos artigos 2 e 3 dos anexos IV e V da mencionada orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberían cumprir os candidatos das axudas correspondentes aos programas María Barbeito (anexo I), Lucas Labrada (anexo IV) e Isabel Barreto (anexo V).

A Comisión de Selección establecida no artigo 9 das bases xerais da dita Orde do 31 de xullo de 2008 (DOG nº 156, do 13 de agosto), na súa reunión do día 25 de novembro de 2008, tendo en conta as bases establecidas na antedita convocatoria así como os créditos dispoñibles, acordou:

A) Programa María Barbeito (anexo I da orde de convocatoria):

1. En aplicación do baremo establecido no artigo 8 do anexo I da devandita orde de convocatoria, establecer como nota de corte mínima para figurar na lista de adxudicatarios e/ou de agarda a puntuación mínima de 1,980 puntos. As solicitudes admitidas definitivamente cunha puntuación inferior a 1,980 non acceden a axuda.

2. Propoñer a concesión de 81 axudas ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e que contraten os solicitantes dunha praza do Programa María Barbeito (anexo I da orde de convocatoria do 31 de xullo de 2008-DOG nº 156) que se relacionan no anexo I desta resolución, das cales 80 corresponden ás universidades do SUG e 1 ao CSIC.

3. Propoñer unha lista de agarda cos solicitantes que se relacionan no anexo II desta resolución e, que non séndolles adxudicada praza, teñan unha puntuación total igual ou superior a 1,980 puntos, para -de ser o caso- determinar posibles substitucións.

B) Programa Lucas Labrada (anexo IV da orde de convocatoria):

1. Propoñer a concesión de axudas ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que se relacionan no anexo III desta resolución.

2. Propoñer unha lista de agarda cos solicitantes que, non séndolles adxudicada praza, teñan unha puntuación total igual ou superior a 21,0 puntos, para -de ser o caso- determinar posibles substitucións, cos solicitantes que se relacionan no anexo IV desta resolución.

C) Programa Isabel Barreto (anexo V da orde de convocatoria):

1. Propoñer a concesión de axudas ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que se relacionan no anexo V desta resolución.

2. Propoñer unha lista de agarda cos solicitantes que non séndolle adxudicada praza teñan unha puntuación total igual ou superior a 30,0 puntos, para -de ser o caso- determinar posibles substitucións, cos solicitantes que se relacionan no anexo VI desta resolución.

Na súa virtude, e atendendo a proposta elaborada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación,

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as axudas correspondentes ao Programa María Barbeito (anexo I da orde de convocatoria) ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten os candidatos seleccionados que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo.-Establecer unha lista de agarda para -de ser o caso- determinar posibles substitucións, cos solicitantes de prazas do Programa María Barbeito que se relacionan no anexo II desta resolución.

Terceiro.-As solicitudes que non figuran relacionadas no anexo I e II desta resolución e que foron admitidas para participar nesta convocatoria, enténdese que quedan denegadas por non ter acadado a puntuación mínima (1,980 puntos) establecida pola comisión de selección para serlles concedida a axuda ou figurar na lista de agarda establecida para -de ser o caso- determinar posibles substitucións.

Cuarto.-As 81 axudas concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2008, 2009 e 2010 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 29 de decembro de 2008:

Ver referencia pdf "25000D004P007.PDF"

Quinto.-Concederlles as axudas correspondentes ao Programa Lucas Labrada (anexo IV da orde de convocatoria) ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que se relacionan no anexo III desta resolución.

Sexto.-Establecer unha lista de agarda para -de ser o caso- determinar posibles substitucións, cos solicitantes que se relacionan no anexo IV desta resolución.

Sétimo.-As solicitudes correspondentes a grupos de investigación das universidades do SUG que non figuran relacionadas no anexo III e IV desta resolución e que foron admitidas para participar nesta convocatoria, enténdese que quedan denegadas por non ter acadado a puntuación mínima de 21,0 puntos establecida pola comisión de selección para serlle concedida a axuda ou figurar na lista de agarda establecida para, de ser o caso, determinar posibles substitucións.

Oitavo.-As 54 axudas concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2008, 2009 e 2010 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 29 de decembro de 2008:

Ver referencia pdf "25000D004P007.PDF"

Noveno.-Concederlles as axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto (anexo V da orde de convocatoria) ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que se relacionan no anexo V desta resolución.

Décimo.-Establecer unha lista de agarda para -de ser o caso- determinar posibles substitucións, cos solicitantes que se relacionan no anexo VI desta resolución.

Décimo primeiro.-As solicitudes correspondentes a grupos de investigación das universidades do SUG e ao CSIC e INGACAL que non figuran relacionadas no anexo V e VI desta resolución e que foron admitidas para participar nesta convocatoria, enténdese que quedan denegadas por non ter acadado a puntuación mínima de 30,0 puntos establecida pola comisión de selección para serlles concedida a axuda ou figurar na lista de agarda establecida para -de ser o caso- determinar posibles substitucións.

Décimo segundo.-As 60 axudas concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2008, 2009 e 2010 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 29 de decembro de 2008:

Ver referencia pdf "25000D004P007.PDF"

Décimo terceiro.-Formalización e duración dos contratos.

1. Publicada a resolución no DOG, as institucións e entidades beneficiarias procederán á contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización de contratos laborais, de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. Nos contratos deberá facerse referencia expresa a:

a) O seu financiamento con cargo aos programas María Barbeito, Lucas Labrada ou Isabel Barreto -segundo corresponda- da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e o seu cofinanciamento -de ser o caso- polo Fondo Social Europeo.

b) Data de incorporación efectiva do beneficiario ao seu posto de traballo.

c) A retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do beneficiario e a duración do contrato.

2. A duración dos contratos será dun máximo de dous anos, e desenvolveranse entre a data da súa sinatura, que non será anterior ao 29 de decembro de 2008, e o 30 de decembro de 2010.

3. De forma xenérica, a contratación dos candidatos seleccionados deberá levarse a cabo no prazo máximo de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da correspondente resolución de adxudicación, e a súa duración estenderase entre a data da súa sinatura e o 30 de decembro de 2010.

4. No caso de beneficiarios non nacionais que, por razóns de permiso de traballo, non poida producirse a súa contratación no prazo establecido no punto anterior, os contratos deberán asinarse nun prazo máximo de 3 meses, e a súa duración estenderase entre a data da súa sinatura e o 30 de decembro de 2010.

5. Agás nos casos indicados na alínea anterior, aqueles contratos que non se asinen no prazo máximo de 15 días establecidos na correspondente resolución, entenderase que os correspondentes beneficiarios renuncian a eles e serán substituídos polos correspondentes da lista de agarda.

6. Para os efectos de posibles interrupcións dos seus contratos, o persoal contratado ao abeiro das axudas dos Programas de Recursos Humanos estará suxeito ao establecido na lexislación vixente. Calquera interrupción dos seus contratos debe ser previamente comunicada e autorizada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Décimo cuarto.-O pagamento das axudas pola Consellería de Innovación e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do xeito indicado no anexo correspondente a cada programa de axudas (anexo I, anexo IV e anexo V da orde de convocatoria).

Décimo quinto.-Todas as solicitudes para as que se propón o seu financiamento cumpren os requisitos establecidos nas correspondestes bases da convocatoria.

Décimo sexto.-A inobservancia por parte dos solicitantes beneficiarios de calquera das bases establecidas na Orde de convocatoria do 31 de xullo de 2008 (DOG nº 156, do 13 de agosto) suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Décimo sétimo.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Innovación e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2008.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación e Industria

Ver referencia pdf "25000D004P007.PDF"