DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2008 Páx. 23.154

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de decembro de 2008 pola que se resolve a convocatoria de premios á innovación educativa sobre a educación nos valores democráticos 2008.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a Consellería de Innovación e Industria, a Consellería de Sanidade e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola orde conxunta do 16 de xuño de 2008, convocaron os premios á innovación educativa sobre a educación nos valores democráticos 2008.

Cumprida a tramitación prevista na convocatoria de referencia, e de conformidade co disposto no seu artigo 9º, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder os premios en innovación educativa sobre a educación en valores democráticos para o profesorado de centros de ensino non universitarios sostidos con fondos públicos para o año 2008 aos traballos e cos importes que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Declarar desertos os seguintes premios e categorías; na modalidade A, queda deserto o primeiro e o segundo premio en educación para a cooperación entre os pobos; en educación viaria, o segundo premio; en educación para a interculturalidade, quedan desertos o primeiro e o segundo premio; en educación para o consumo responsable, queda deserto o primeiro premio; en educación para o cambio climático, queda deserto o segundo premio; na Axenda escolar 21, quedan desertos os dous premios e en educación para a sustentabilidade, queda deserto o segundo premio.

Polo que respecta á modalidade B, quedan desertos os primeiros e segundos premios correspondentes á educación para a cidadanía e dereitos humanos, educación para a convivencia e cultura de paz e educación para a solidariedade.

Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Terceiro.-Contra esta orde poderase interpor recurso potestativo ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 20/1992, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "25000D004P007.PDF"