DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2008 Páx. 23.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2008 pola que se corrixen os erros das listas de concellos de localización preferente de determinadas bases reguladoras de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica.

Advertidos erros nas listas de concellos de localización preferente das seguintes bases reguladoras das axudas do IGAPE:

-Bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape, DOG nº 59, do 23 de marzo de 2007, páxina 4.668, anexo VI de localizacións preferentes.

-Bases reguladoras dos incentivos económicos e bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do IGAPE, DOG nº 55, do 18 de marzo de 2008, páxina 4.728, anexo VI de localizacións preferentes.

-Bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro das liñas ICO 2008, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e as entidades financeiras, DOG nº 76, do 21 de abril de 2008, páxina 6.966, anexo V epígrafe de outras localizacións preferentes.

-Bases reguladoras das axudas para a bonificación dos gastos financeiros nos préstamos do IGAPE para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), DOG nº 100, do 26 de maio de 2008, páxina 9.666, anexo III epígrafe de outras localizacións preferentes.

RESOLVO:

Facer a seguinte corrección:

-Engadir nos anexos referidos ao concello de Pontecesures na lista de concellos da provincia de Pontevedra e o concello da Pontenova na lista de concellos da provincia de Lugo.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2008.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica