DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2008 Páx. 23.108

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2008 pola que se fan públicos os premios concedidos na I Edición dos premios ás iniciativas para o fomento da creatividade aplicada.

Mediante Resolución do 16 de xullo de 2008, fixéronse públicas as bases reguladoras e a convocatoria da I Edición dos premios ás iniciativas para o fomento da creatividade aplicada (DOG nº 143, do 24 de xullo).

Nas ditas bases, no seu artigo 3, establecíanse tres categorías de premios:

-Iniciativas que acaden na fase I unha valoración positiva.

-Iniciativas que acaden na fase II (pre-proxecto) unha valoración positiva.

-Iniciativas que na fase III (proxecto) sexan obxecto dun acordo específico.

O xurado nomeado para o efecto, na súa xuntanza do 24 de novembro do 2008, logo de deliberación e tendo en conta os criterios de selección para as distintas fases establecidas nas bases reguladoras dos premios, adoptou a súa decisión sobre as iniciativas presentadas.

Vista a resolución do xurado, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar os premios concedidos ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria da I Edición dos premios ás iniciativas para o fomento da creatividade aplicada:

Ver referencia pdf "24900D018P104.PDF"

Os destinatarios dos premios, con carácter previo ao seu aboamento, deberán acreditar a súa identidade (acta fundacional ou de constitución no caso de asociacións, escritura de constitución no caso de empresas ou DNI no caso de persoas físicas) e, para os efectos do seu pagamento, deberán achegar ao Igape o número de identificación fiscal e os datos bancarios completos para proceder á correspondente transferencia bancaria.

Os destinatarios destes premios aceptan que os datos xenéricos facilitados en relación coas iniciativas presentadas a estes premios poidan ser obxecto de difusión polo Igape.

Esta resolución esgota a vía administrativa e poderá ser impugnada polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2008.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica