DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2008 Páx. 23.101

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN parcial do 16 de decembro de 2008 pola que se adxudican as axudas da prórroga do Programa Isidro Parga Pondal-2006 (anexo VI), prórroga do Programa María Barbeito 2006 (anexo VIII) e bolsas para estadías de investigación en centros de fóra de Galicia (anexo IX) da Orde do 31 de xullo de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 156, do 13 de agosto) pola que se convocan as axudas correspondentes a diversas accións formativas do Programa de recursos humanos, no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006-2010) para o ano 2008.

A orde da Consellería de Innovación e Industria do 31 de xullo de 2008 (DOG nº 156, do 13 de agosto) aproba as bases que rexerán a convocatoria de axudas correspondentes a diversas accións formativas do Programa de recursos humanos, no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006-2010) para o ano 2008.

No artigo 2 dos anexos VI e VIII e no artigo 3 do anexo IX da mencionada orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberían cumprir os candidatos das axudas correspondentes á prorroga do Programa Isidro Parga Pondal-2006 (anexo VI), prórroga do Programa María Barbeito-2006 (anexo VIII) e bolsa para estadías de investigación fóra de Galicia (anexo IX).

A Comisión de Selección establecida no artigo 9 das bases xerais da dita Orde do 31 de xullo de 2008 (DOG nº 156, do 13 de agosto), na súa reunión do día 25 de novembro de 2008, tendo en conta as bases establecidas na antedita convocatoria así como os créditos dispoñibles, acordou:

a) Prórroga do Programa Isidro Parga Pondal-2006 (anexo VI da orde de convocatoria): propoñer a concesión de axudas ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten os solicitantes que se relacionan no anexo I desta resolución.

b) Prórroga do Programa María Barbeito-2006 (anexo VIII da orde de convocatoria): propoñer a concesión de axudas ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten os solicitantes que se relacionan no anexo II desta resolución.

c) Bolsas para estadías de investigación fóra de Galicia (anexo IX da orde de convocatoria):

1. Propoñer a concesión de axudas aos solicitantes de bolsas para estadías de investigación en centros de fóra de Galicia que se relaciona no anexo III desta resolución.

2. Propoñer unha lista de espera, para -de ser o caso- determinar posibles substitucións, cos solicitantes que se relacionan no anexo IV desta resolución.

Na súa virtude, e atendendo a proposta elaborada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación,

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle as axudas correspondentes á prórroga do Programa Isidro Parga Pondal-2006 (anexo VI da orde de convocatoria) ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten os candidatos seleccionados que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo.-As 58 axudas concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2008, 2009 e 2010 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 29 de decembro de 2008:

Ver referencia pdf "24900D017P097.PDF"

Terceiro.-Concederlles as axudas correspondentes á prórroga do Programa María Barbeito-2006 (anexo VIII da orde de convocatoria) ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten os candidatos seleccionados que se relacionan no anexo II desta resolución.

Cuarto.-As 62 axudas concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2008 e 2009 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 29 de decembro de 2008:

Ver referencia pdf "24900D017P097.PDF"

Quinto.-Formalización e duración das correspondentes prórrogas.

1. Publicada a resolución no DOG, as institucións e entidades beneficiarias procederán á contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización da prórroga dos correspondentes contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. Na prórroga dos contratos deberá facerse referencia expresa a:

a) O seu financiamento con cargo aos programas prórroga do Programa Isidro Parga Pondal-2006 e prórroga do Programa María Barbeito-2006 -segundo corresponda- da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e ao seu cofinanciamento -de ser o caso- polo Fondo Social Europeo.

b) Data de inicio e duración da correspondente prórroga, así como a retribución bruta anual.

2. No caso da prórroga do Programa María Barbeito, a súa duración será dun máximo de seis meses, que se desenvolverá entre a súa data de sinatura e o 30 de xuño de 2009. No caso da prórroga do Programa Parga Pondal, a duración será dun máximo de dous anos, que se desenvolverá entre a data da súa sinatura e o 30 de decembro de 2010.

Sexto.-Concederlles as axudas correspondentes a bolsas para estadías de investigación en centros de investigación de fóra de Galicia (anexo IX da orde de convocatoria) aos solicitantes que se relacionan no anexo III desta resolución.

Sétimo.-As axudas concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2008 e 2009 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución.

Ver referencia pdf "24900D017P097.PDF"

Oitavo.-Tendo en consideración o número de solicitudes e segundo o establecido no artigo 5 (financiamento e concorrencia) das bases xerais da Orde do 31 de xullo de 2008 (DOG nº 156, do 13 de agosto), as cantidades previstas na devandita convocatoria poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, auméntase o crédito inicialmente previsto para a anualidade 2009 nas partidas arriba indicadas, nas cantidades que a seguir se indican: 20.608 euros na aplicación orzamentaria 10.02.561B.480.0 e en 1.326 euros na aplicación orzamentaria 10.02.561A.480.1.

Noveno.-Establecer unha lista de espera para -de ser o caso- determinar posibles substitucións, cos solicitantes que se relacionan no anexo IV desta proposta de resolución.

Décimo.-O pagamento das axudas pola Consellería de Innovación e Industria ás institucións, entidades ou persoas beneficiarias realizarase do xeito indicado no anexo correspondente a cada programa de axudas (anexo VI, anexo VIII e anexo IX da orde de convocatoria).

Décimo primeiro.-Todas as solicitudes para as que se propón o seu financiamento cumpren os requisitos establecidos nas correspondestes bases da convocatoria.

Décimo segundo.-A inobservancia por parte dos solicitantes beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 31 de xullo de 2008 (DOG nº 156, do 13 de agosto) suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Décimo terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Innovación e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2008.

PD (Orde 31-1-2006; DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "24900D017P097.PDF"

Ver referencia pdf "24900D018P104.PDF"