DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2008 Páx. 23.086

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2008 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenas e medianas empresas galegas para apoiar as accións de implantación e certificación de modelos de xestión e a elaboración e verificación de memorias de responsabilidade social empresarial, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (procedemento IN514B).

O conselleiro de Innovación e Industria ditou resolución das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenas e medianas empresas galegas para apoiar as accións de implantación e certificación de modelos de xestión e a elaboración e verificación de memorias de responsabilidade social empresarial, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

O artigo 12 da Orde do 28 de abril de 2008 dispón no seu número 4: a resolución de concesión notificarase ás entidades colaboradoras mediante medio electrónico, especificándose as empresas beneficiarias, os proxectos obxecto da axuda. Así mesmo, as notificacións das resolucións denegatorias realizaranse do mesmo xeito, especificándose as empresas, os proxectos e os motivos de denegación das axudas.

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na web da Consellería de Innovación e Industria as empresas beneficiarias, as cantidades concedidas e a finalidade das axudas.

O artigo 11 da Orde do 28 de abril de 2008 dispón: o criterio que a Consellería de Innovación e Industria adoptará na concesión das subvencións efectuarase respectando a data e hora da súa entrada no rexistro telemático da Xunta de Galicia, sen comparación con outras solicitudes e ata o esgotamento do crédito dispoñible, e sempre que se cumpran cos requisitos establecidos nestas bases.

O resto das solicitudes quedará en reserva para seren atendidas co crédito dispoñible que quedase libre, se se produciuse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados.

Segundo establecido no parágrafo 6º do artigo 11 da Orde do 28 de abril de 2008 infórmase e publícase que o crédito da orde esgotuose o día 23 de outubro ás 10.25 horas para a anualidade 2009, e quedaron as solitudes de tipoloxía b1, que entraron polo rexistro telemático con posterioridade a dita data, en lista de espera.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da relación de beneficiarios de subvención que figura no anexo a esta resolución con cargo á partida orzamentaria 10.04.741A.770.0 dos orzamentos da Consellería de Innovación e Industria para as anualidades 2008 e 2009.

Todos os beneficiarios que se recollen no anexo poderán obter información detallada da súa resolución accedendo ao taboleiro electrónico dispoñible na páxina web da Consellería de Innovación e Industria, no enderezo: http://www.xunta.es/apps/axudas/login.do?cod_cons=IN&cod_proc=514B.

Os solicitantes que non aparecen no devandito anexo deberán entender que non lles foi concedida a subvención e os ditos solicitantes serán notificados a través das entidades colaboradoras mediante medio electrónico, segundo o establecido nos seus números 4º e 5º do artigo 12 da Orde do 28 de abril de 2008.

O acceso ao dito enderezo podese facer tamén desde o enderezo da internet http:/www.conselleriaiei.org, seleccionando a Oficina virtual, para, a seguir acceder á aplicación internet expres e dentro desta, escollerase o procedemento IN514B e taboleiro electrónico.

Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico, cada entidade colaboradora deberá introducir o código electrónico existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a privacidade do acceso á información.

2. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderanse dirixir á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través dos teléfonos 981 54 55 35 ou 881 99 93 75, do número de fax 881 99 93 84 ou do enderezo de correo electrónico axudas.dxpisi@xunta.es.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2008.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación e Industria

Ver referencia pdf "24900D016P082.PDF"