DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2008 Páx. 23.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se seleccionan os centros desta comunidade autónoma que participarán na actividade de escolas viaxeiras no ano 2009.

Por Orde do 15 de outubro de 2008 (DOG do 24 de outubro), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para a realización de actividades de escolas viaxeiras durante o ano 2009.

Efectuada a valoración de solicitudes polas comisións provinciais previstas no punto 8 da devandita orde, e conforme a proposta da comisión constituída con tal fin nesta dirección xeral, e en función das atribucións que me foron conferidas pola orde de referencia,

RESOLVO:

Seleccionar os centros para participar na actividade de escolas viaxeiras que se sinalan no anexo que se achega con a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2008.

Mª José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Ver referencia pdf "24900D016P082.PDF"