DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2008 Páx. 23.079

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de decembro de 2008 pola que se resolve a concesión de Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que remate os seus estudos universitarios no ano 2008 nas universidades do sistema universitario de Galicia.

A Orde do 5 de maio de 2008, DOG do 12 de maio, convocaba os Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que remate os estudos universitarios no ano 2008 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

De acordo co establecido no artigo 8 das bases da convocatoria, as listas provisionais foron expostas o día 23 de outubro deste ano. Os interesados dispuxeron dun prazo de reclamación comprendido desde o día 24 de outubro ao 5 de novembro 2008, podendo durante ese mesmo prazo os interesados formular as reclamacións para emendar erros e falta de documentos ante a Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do sistema universitario de Galicia.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

Concederlle o premio fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia ao alumnado universitario que rematou os seus estudos no ano 2008 nas universidades do sistema universitario de Galicia e que se relacionan no anexo I desta orde. O alumnado premiado recibirá unha contribución en metálico de 3.500 euros.

Artigo 2º

Denegarlle o premio aos solicitantes que figuran relacionados no anexo II desta orde e que foron admitidos para participar neste concurso, polas causas que nel se sinalan.

Artigo 3º

O incumprimento total ou parcial por parte dos beneficiarios de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria do 5 de maio 2008, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro total ou parcial, polo beneficiario, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4º

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "24900D012P075.PDF"