DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2008 Páx. 23.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2008 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de decembro de 2008 polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos xustifícase pola necesidade de adaptala ás necesidade funcionais propias da organización desa consellería, así como á unificación das categorías 17 e 61 do grupo III.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 4 de decembro de dous mil oito, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos nos termos que se sinalan no anexo deste acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Os efectos económicos derivados da unificación das categorías 17 e 61 correspondentes ao grupo III, así como a asignación do complemento de especial dedicación nos postos propostos, serán do 1 de xaneiro de 2008.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catro de decembro de dous mil oito, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2008.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Modificacións:

-Na páxina 2.029, no centro de destino Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa, o posto PE.C99.40.201.36600.051.- técnico medio bibliotecas, cambia de código pasando a ser PE.C99.40.201.36600.045.

-Na páxina 2.031, no centro de destino Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño:

*Os postos PE.C06.00.000.36590.071.- Oficial de Laboratorio, PE.C06.00.000.36590.074.- Oficial de Laboratorio, PE.C06.00.000.36590.100.- Oficial de Laboratorio e PE.C06.00.000.36590.106.- Oficial de Laboratorio cambian a súa columna Observacións, que pasa a ser B10 // B14 // réxime quendas:

*Os postos que a seguir se relacionan cambian de denominación e categoría tal como se detalla a seguir:

Ver referencia pdf "24900D008P014.PDF"

-Na páxina 2.032:

*No centro de destino Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, o posto PE.C99.40.301.15350.090.- Subalterno, na súa columna Observacións engádese B14 // Réxime Quendas.

*No centro de destino Centro de Cultivos Mariños (Ribadeo), o posto PE.C99.40.201.27500.021.- Oficial de Laboratorio, cambia de denominación, que pasa a ser Analista de Laboratorio e de categoría pasando de 61 a 17.

*No centro de destino Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa, os postos PE.C99.40.201.36600.058.- Oficial de Laboratorio, PE.C99.40.201.36600.059.- Oficial de Laboratorio e PE.C99.40.201.36600.060.- Oficial de Laboratorio cambian de denominación, que pasa a ser Analista de Laboratorio e de categoría, que pasa de 61 a 17.

-Na páxina 2.033, no centro de destino Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo:

*Aos postos que a seguir se relacionan engádeselles na súa columna Observacións B14 // Réxime Quendas.

Ver referencia pdf "24900D008P014.PDF"

Creacións:

-Nos centros de destino e páxinas que se especifican engádense os seguintes postos de traballo de nova creación: