DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2008 Páx. 23.016

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2008 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de decembro de 2008 polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural xustifícase pola creación de 62 postos de oficial de defensa contra incendios que se fundamenta nas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería do Medio Rural, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 4 de decembro de dous mil oito, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural nos termos que se sinalan no anexo deste acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catro de decembro de dous mil oito, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2008.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "24900D007P012.PDF"