DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2008 Páx. 23.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2008 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de decembro de 2008 polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible xustifícase pola creación de nove postos de oficial de establecemento que se fundamenta nas necesidades e na estrutura das instalacións ambientais desta consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 4 de decembro de dous mil oito, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible nos termos que se sinalan no anexo deste acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catro de decembro de dous mil oito, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2008.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "24900D005P010.PDF"