DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración dun camión de tracción 4×4 dotado de guindastre, coitela quitaneve e distribuidor de fundentes con destino á Área de Infraestruturas e Servizos.

No BOP de Ourense publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración dun camión de tracción 4×4 dotado de guindastre, coitela quitaneve e distribuidor de fundentes con destino á Área de Infraestruturas e Servizos da Deputación Provincial de Ourense, cun tipo de licitación de 206.300 euros (IVE, matriculación e demais impostos incluídos), integrado pola suma dos importes do valor estimado da subministración (177.844,83 euros) e o IVE aplicable (28.455,17 euros). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuítamente aos que o soliciten, no rexistro da Deputación

Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es.

Ourense, 11 de decembro de 2008.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense