No BOP de Ourense publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración dun camión 4×4 con guindastre e coitelas quitaneve con destino á Área de Infraestruturas e Servizos da Deputación Provincial de Ourense, cun tipo de licitación de 168.000 euros (IVE, matriculación e demais impostos incluídos), integrado pola suma dos importes do valor estimado da subministración (144.827,59 euros) e o IVE aplicable (23.172,41 euros). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuítamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32 ou
por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es.
Ourense, 10 de decembro de 2008.
José Luis Baltar Pumar
Presidente da Deputación Provincial de Ourense