DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO SAVIÑAO

ANUNCIO.

Con data do 26 de novembro de 2008 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 230 o anuncio de licitación para a contratación, por procedemento aberto con valoración de máis dun criterio, do servizo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello do Saviñao.

Con data do 3 de decembro, o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia preséntalle ao órgano de contratación alegacións ao punto 11.2 dos pregos, por incluír coa palabra «director» o termo «arquitecto», constrinxindo a libre e igual participación do colectivo que representa.

Con data do 4 de decembro de 2008, en sesión ordinaria, a Xunta de Goberno local acorda estimar as alegacións e eliminar a palabra «arquitecto» vinculada a «director» no punto e epígrafe xa mencionados.

Polo tanto quedan publicados na páxina web do concello no perfil do contratante (www.concellodosavinao.com) os novos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas e ábrese un novo prazo de presentación de proposicións de quince días naturais desde o seguinte á última publicación deste anuncio. As proposicións xa presentadas ao abeiro do anuncio no Diario Oficial de Galicia nº 230, do 26 de novembro de 2008, e BOP do 26 de novembro, nº 273, conservaranse e os interesados poderán corrixilas ou melloralas no novo prazo.

Para a análise do cadro de características do contrato remitímonos ao Diario Oficial de Galicia nº 230, do 26 de novembro de 2008, e ao BOP nº 273 da mesma data.

O Saviñao, 9 de decembro de 2008.

Joaquín González González

Alcalde