DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para completar aliñamentos, rasantes e ordenación de volumes no polígono 1-1 (rúa Barbanza).

O Pleno do Concello de Ribeira, en sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o 26 de abril de 2007, aprobou definitivamente o estudo de detalle para completar aliñamentos, rasantes e ordenación de volumes no polígono 1-1 (rúa Barbanza), presentado pola entidade Tacega Noroeste, S.L.

En cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, o acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes o 18 de maio de 2007, á vez que se lle deu traslado de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Contra o acordo de aprobación definitiva do devandito estudo de detalle, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente.

Ribeira, 21 de maio de 2007.

José Luis Torres Colomer

Alcalde