DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Mediante este anuncio convócase a licitación que a seguir se transcribe, cuxo prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas foron aprobados por Resolución da Alcaldía do 5 de decembro de 2008.

Obxecto: contratación do servizo de elaboración da adaptación do PXOM á Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia.

Orzamento: 168.857,59 euros base impoñible máis 27.017,21 euros en concepto de IVE.

Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Domicilio: r/ A. Palacios, nº 1, CP 36400.

c) Teléfono: 986 33 13 01. Fax: 986 33 58 50.

d) Data límite de obtención de documentación: o día anterior á finalización do prazo de presentación.

Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: finalizará aos 20 días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que deben presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 7).

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Porriño, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e os sábados das 9.00 ás 13.00 horas, e por correo na forma legalmente establecida.

O Porriño, 9 de decembro de 2008.

Raúl Francés Rodríguez

Alcalde-presidente