DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación do Concello do Porriño, na súa sesión ordinaria do 1 de decembro de 2008, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o expediente de aprobación da modificación puntual do PXOM en Torneiros por instancia de Lonza Biologics.

Segundo.-Someter o expediente á información pública durante un prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de edictos do concello.

Terceiro.-Dar audiencia deste acordo aos municipios limítrofes.

Cuarto.-Suspender o outorgamento de licenzas de edificación, parcelación e derruba no ámbito da modificación puntual.

O que se fai público para os efectos da presentación das alegacións e suxestións que os interesados crean oportunas durante o prazo dun mes.

O Porriño, 5 de decembro de 2008.

Raúl Francés Rodríguez

Alcalde presidente