DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO da adxudicación provisional dun contrato de concesión de obra pública.

Por acordo plenario do 28 de novembro de 2008, aprobouse a adxudicación provisional da concesión da obra pública e explotación do parque eólico singular do concello de Allariz, o que se publica para os efectos do disposto no artigo 135.3º da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Allariz.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: CL2005.O5.01.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: concesión da obra pública e explotación do parque eólico singular do concello de Allariz.

b) Boletín ou diario oficial e perfil de contratante, data de publicación do anuncio de licitación: BOP de Ourense nº 247, do 24 de outubro de 2008; Diario Oficial de Galicia nº 208, do 27 de outubro de 2008, e perfil do contratante: www.allariz.com.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato:

Canon anual=C.A.=×% (0,8 F-GF (80%I, 4,5%, 15 anos)).

Propoñendo os valores seguintes ×=46%, I=3.720,540 euros.

Canon mínimo: 90.000 euros.

5. Adxudicación provisional:

a) Data: 28-11-2008.

b) Adxudicatario: Allarluz, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Allariz, 11 de decembro de 2008.

Francisco García Suárez

Alcalde